Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de decembro de 2014 pola que se notifica orde de retirada da embarcación Antigua II depositada sen autorización no porto de Combarro (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo á mercantil Inversiones Mapama, S.L. orde de retirada da embarcación Antigua II, con matrícula 7ª-BA-2-517-92, do peirao do porto de Combarro, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na rúa Progreso, 36, 3º B, de Vigo, provincia de Pontevedra.

De acordo co expediente que traslada a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia, que intentou notificar dúas ordes de retirada, a embarcación atópase depositada sen autorización na zona de servizo do porto de Combarro.

A presente orde emítese a Dirección de Portos de Galicia ao abeiro das competencias conferidas polo artigo 9.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia.

A retirada da embarcación deberá producirse nun prazo máximo de 15 días contados dedde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

O atraso no cumprimento da orde de retirada implicará que Portos de Galicia comece a liquidar a tarifa X-5 –embarcacións deportivas e de lecer– conforme o establecido na regra décima de aplicación a esta tarifa recollida na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e todo iso sen prexuízo de comezar a aplicar a tarifa na contía prevista na regra décimo cuarta de aplicación, de reservar para si a potestade de efectuar a dita retirada de maneira subsidiaria e á custa do propietario da embarcación, polo que pasará o correspondente cargo, respondendo o valor da embarcación dos gastos de transporte e almacenaxe, e de iniciarse procedemento administrativo sancionador.

O presente acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que deberá presentarse ante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario oficial de Galicia ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no
artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia