Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de decembro de 2014 pola que se comunica liquidación da tarifa X-5 conforme a regra novena de aplicación por atracada sen autorización no porto de Cangas da embarcación Carrera Once.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra a Celso Elías Pérez Puga que se vai proceder a liquidar a tarifa portuaria X-5 –embarcacións deportivas e de lecer– conforme o establecido na regra novena de aplicación a esta tarifa recollida na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, a partir do comezo da utilización do servizo pola atracada sen autorización no peirao de pesca do porto de Cangas da embarcación Carrera Once, con matrícula 7ª-BA-2-330-93.

O anterior enténdese sen prexuízo da incoación de procedemento administrativo sancionador.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia