Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (520/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 520/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro contra Fogasa, Pesca Natural en Altamar, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto de aclaración

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014

Antecedentes de feito:

Único. O letrado Pedro Blanco Lobeiras, en representación de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro, presentou neste xulgado en data 5 de novembro de 2014 escrito en que solicitaba a aclaración da sentenza ditada en autos de despedimento 520/2014, xa que na decisón desta se alterou o segundo apelido do demandante, que é Piñeiro e non Calvo como alí consta.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este chamado recurso de aclaración non constitúe un verdadeiro recurso, pero si unha facultade de corrección e rectificación dos erros materiais, e aprécianse como tales a aclaración de conceptos escuros, a adición dalgún pronunciamento omitido sobre puntos litixiosos, a emenda de erros que se deduzan dos datos aritméticos, posto que as aclaracións non afectan o principio de intanxibilidade da sentenza senón que se fundamentan no principio constitucional de tutela efectiva.

Antes de entrar a coñecer sobre o fondo da petición, é necesario ter en conta, como se destaca na NLEC e como innovación, as peticións relativas á súa invariabilidade, aclaración e corrección, xa que na citada Lei rituaria se incrementa a seguridade xurídica ao perfilar adecuadamente os casos en que estas dúas últimas proceden e se introduce un instrumento para emendar rapidamente, de oficio ou por instancia de parte, os erros materiais, ademais doutros casos.

É claro e claro queda na lei que este instituto en nada ataca a firmeza que deba atribuírse á sentenza incompleta ou contraditoria, de ser o caso, porque, dun lado, os pronunciamentos emitidos son, obviamente, firmes e, doutro, porque se prohibe modificalos, permitindo soamente engadir os que se omitiron ou resultan contraditorios por erro de transcrición (exposición de motivos da Lecivil, Ap. Ix).

Chegados a este punto e examinado o escrito presentado, encontrámonos con que, efectivamente, se produciu un evidente erro de transcrición na decisión, en concreto no segundo apelido do demandante, despois de transcribirse Calvo en lugar de Piñeiro.

Segundo. Que estando incardinado o solicitado no escrito de aclaración nos ditos preceptos legais procederá a aclaración nos termos que se solicita, como se dirá na parte dispositiva, do erro material sinalado.

Polo exposto, procede a aclaración solicitada, como se dirá na parte dispositiva.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Amelia María Cortizo Moure, maxistrada xuíza substituta, servindo o Xulgado do Social número 3 dos desta cidade de Santiago de Compostela, por ante min a secretaria,

Acorda:

A estimación da petición de aclaración pretendida polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, en nome e representación de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro e, na súa consecuencia, aclara a sentenza no seguinte sentido:

A decisión da sentenza onde di “Calvo” deberá dicir: “Piñeiro”, de tal forma que o nome completo do demandante é o de Francisco Leonardo Rolle Piñeiro.

Contra este auto non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a aclaración. Os prazos para estes recursos, se fosen procedentes, comezarán a computar desde o día seguinte á notificación deste auto (artigo 215 da Lei rituaria).

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pesca Natural en Alto Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014

A secretaria xudicial