Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (669/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 669/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Castro Pose contra Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 496, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 669/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Fernando Castro Pose, asistido da letrada Marisol Romero Salgado contra Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., que non comparecen, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fernando Castro Pose e, en consecuencia, condeno solidariamente a Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a aboarlle ao demandante 4.777,62 euros de principal e 697,66 euros de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2104

A secretaria xudicial