Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as solicitudes de acreditación da representación nos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2014/00248 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as solicitudes de acreditación da representación dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, como é que para interpoñer recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade e que a remita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5; 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez (10) días contados a partir da recepción da presente comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Cómpre lembrarlle que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992 inadmitindo o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2014/00248

PO-02088-S-2013

PO-0081-AZ

Policía Municipal 294477

Ibérica de Congelados, S.A.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar.

11.4.2013; 10.25

RA/M/2014/00476

OU-00393-O-2013

9577-FLF / R-5453-BCH

Garda Civil 3201 I12849B

Logística Ourense, S.L.

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Superior a 14 horas e inferior a 15 horas.

4.3.2013; 21.04; N-525; 220

RA/M/2014/00587

OU-00967-O-2012

3124-DGL / R-4050-BBX

Garda Civil 3201 L82181K

Logística de Villabrazaro, S.L.

Circular transportando paquetaría carecendo das follas de rexistro do aparello de control que ten a obrigación o condutor de levar no vehículo.

9.6.2012; 9.05; A-52; 262

RA/M/2014/00611

PO-00114-O-2012

6246-CRN

Garda Civil 3603 A23980M

Tres Ecel Logística, S.L.

Utilizar envases ou embalaxes non homologados, gravemente deteriorados, que presenten fugas ou carezan dalgún dos requisitos técnicos exixidos.

5.12.2011; 12.17; A-55; 10