Unha vez adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 26 de decembro de 2014, relativo ao outorgamento de licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local, resulta necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, segundo o previsto na base vixésima do concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local, convocado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño).
RESOLVO:
Primeiro. Darlle publicidade ao acordo do Consello da Xunta adoptado en sesión do día 26 de decembro de 2014 e que figura como anexo á presente resolución.
Segundo. O acordo seralles notificado aos interesados segundo o previsto na base vixésima do concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local, convocado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño).
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014
María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios
ANEXO
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de decembro de dous mil catorce, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Resolver o concurso e proceder a outorgar as licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local, coas características que se relacionan na seguinte táboa:
Ref. |
Denominación |
Canal |
PRA |
Ámbito |
Superficie total |
Densidade de poboación |
Titular |
TL01C |
Carballo |
52 |
500 W |
Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe |
557,43 km2 |
74 hab./km2 |
Programa 1: Onda Hit, S.L. |
TL03C |
Ferrol |
34 |
1 kW |
Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Neda, Mugardos, Ares e San Sadurniño |
346,34 km2 |
445 hab./km2 |
Programa 1: Guntiñas Nuñez Luis 000504295M, S.L.N.E. (*) |
TL06C |
Vimianzo |
51 |
50 W |
Vimianzo, Cee, Camariñas, Muxía, Zas, Fisterra, Dumbría e Corcubión |
711,94 km2 |
65 hab./km2 |
Programa 2: Antonio Jorge Campos |
Programa 3: Audiovisuales Sogavi, S.L.U. |
|||||||
TL07C |
As Pontes de García Rodríguez |
24 |
100 W |
As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela e Muras |
702,43 km2 |
225 hab./km2 |
Programa 1: Audiovisuales Sogavi, S.L.U. |
Programa 2: Canal 26 TV Carballiño |
|||||||
Programa 3: deserto |
|||||||
TL01LU |
Chantada |
52 |
50 W |
Chantada, Taboada e Carballedo |
442,85 km2 |
38 hab./km2 |
Programa 2: Materiales Eléctricos Disgetec, S.L. |
Programa 3: deserto |
|||||||
TL03LU |
Monforte de Lemos |
49 |
100 W |
Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Sober, A Pobra do Brollón e Bóveda |
940,48 km2 |
38 hab./km2 |
Programa 1: Materiales Eléctricos Disgetec, S.L. |
TL04LU |
Vilalba |
64 |
100 W |
Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Begonte, Abadín e Xermade |
1.691,16 km2 |
28 hab./km2 |
Programa 1: Audiovisuales Sogavi, S.L.U. |
Programa 3: deserto |
|||||||
TL05LU |
Viveiro |
40 |
100 W |
Viveiro, Foz, Ribadeo, Burela, Cervo, Xove e Barreiros |
565,75 km2 |
96 hab./km2 |
Programa 2: Materiales Eléctricos Disgetec, S.L. |
Programa 3: deserto |
|||||||
TL01OU |
O Barco de Valdeorras |
56 |
100 W |
O Barco de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, A Veiga, O Bolo e Petín |
769,68 km2 |
37 hab./km2 |
Programa 2: Materiales Eléctricos Disgetc, S.L. |
Programa 3: deserto |
|||||||
TL02OU |
O Carballiño |
49 |
100 W |
O Carballiño, Boborás, Maside, San Cristovo de Cea, O Irixo, Piñor, Beariz e San Amaro |
535,34 km2 |
54 hab./km2 |
Programa 2: Materiales Eléctricos Disgetec, S.L. |
Programa 3: Canal 26 TV Carballiño |
|||||||
TL04OU |
Verín |
49 |
100 W |
Verín, Monterrei, Vilardevós, Cualedro, Riós, Oímbra, Laza e Castrelo do Val |
1.061,38 km2 |
27 hab./km2 |
Programa 2: Materiales Eléctricos Disgetec, S.L. |
Programa 3: deserto |
|||||||
TL02PO |
Ponteareas |
29 |
100 W |
Ponteareas, Tui, Salvaterra de Miño, Mondariz e As Neves |
407,04 km2 |
135 hab./km2 |
Programa 3: Eurorexión Sinerxia, S.L. |
TL03PO |
Pontevedra |
29 |
1 kW |
Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa e Cotobade |
447,46 km2 |
300 hab./km2 |
Programa 1: Unión de Televisiones Gallegas, S.A. |
Programa 2: Televisión Mancomunidade do Salnés, S.L. |
|||||||
Programa 3: Vigo RTV Digital Local, S.L.U. |
|||||||
TL05PO |
Vilagarcía de Arousa |
47 |
500 W |
Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis |
524,14 km2 |
225 hab./km2 |
Programa 2: Vigo RTV Digital Local, S.L.U. |
Programa 3: Lidia Nodar Suárez |
(*) O 27 de setembro de 2014, Luis Guntiñas Núñez, como administrador de Guntiñas Nuñez Luis 000504295M, S.L.N.E., comunicou a transformación da empresa nunha sociedade limitada denominada Agencia Audiovisual Gallega de Comunicación, S.L. e achegou as escrituras de transformación inscritas no Rexistro Mercantil da Coruña.
As licenzas outórganse por un prazo de quince anos a partir do presente acordo, segundo o disposto no artigo 28 da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.
Segundo. Ratificar a decisión de exclusión formulada pola Mesa de Avaliación no acto público de apertura de ofertas respecto do seguinte solicitante:
Empresa |
Motivo de exclusión |
Capelu Audiovisuais, S.L. |
Non presenta a documentación requirida no sobre nº 1: documentación administrativa |
Terceiro. Ratificar a decisión de exclusión formulada pola Mesa de Avaliación na sesión do 12 de decembro de 2014 respecto do seguinte solicitante:
Empresa |
Motivo de exclusión |
Crónicas da Comarca, S.L. |
A oferta presentada incumpre as obrigas para os prestadores do servizo establecidas polo Decreto 81/2005, do 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital na Comunidade Autónoma de Galicia, e recollidas na cláusula sétima das bases. |
Cuarto. Autorizar a Secretaría Xeral de Medios para publicar e notificarlles aos interesados o presente acordo para o cumprimento dos trámites preceptivos previstos no artigo 9 do Decreto 81/2005, do 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.