Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización de dous contratos administrativos correspondentes aos expedientes 3/2014 e 4/2014.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 221, do 18 de novembro de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

– Expediente nº 3-2014 (subministración de antenas de recepción en banda UHF IV/V e filtros de eliminación de banda 800 MHz), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe1, tema prioritario 10).

Onde di: «Importe da adxudicación: importe neto 49.897,87 €; IVE 10.785,55 €. Total: 60.376,42 €», debe dicir: «Importe da adxudicación: importe neto 49.897,87 €; IVE 10.478,55 €. Total: 60.376,42 €».

– Expediente nº 4-2014 (subministración e instalación de tarxetas transmisoras TX en UHF (dous lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe 1, tema prioritario 10).

Onde di: «Data de formalización: 31 de outubro de 2014», debe dicir: «Data de formalización: 30 de outubro de 2014».