Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (684/2011).

Procedemento ordinario 684/2011

Sobre ordinario

Demandante: Jesús Guillermo Gómez Outeiral

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 684/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Guillermo Gómez Outeiral contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Jesús Guillermo Gómez Outeiral contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de nove mil quiñentos corenta e un euros con dezaseis céntimos (9.541,16 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros de demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

A secretaria xudicial