Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (90/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 90/2014

Procedemento orixe: procedemento ordinario 90/2014

Sobre ordinario

Demandante: José Manuel Mera Ben

Demandados: Iglesias Caneda JL, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 90/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mera Ben contra Iglesias Caneda JL, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por instancia de José Manuel Mera Ben, asistido da letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Iglesias Caneda, S.L., representada por José Iglesias Caneda e contra a entidade Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L. e contra o Fogasa, e en consecuencia tense o demandante por desistido da acción resolutoria do contrato e condénase a entidade Iglesias Caneda, S.L. a aboar ao demandante a suma de 7.193 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, e abosólvese a empresa Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L. de todos os pedimentos formulados contra ela.

Non ha lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

A secretaria xudicial