Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 503

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de decembro de 2014 pola que se extingue a autorización do centro privado San Andrés, do concello da Coruña.

Por Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 16 de abril de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de maio de 2000, autorizouse ao centro privado San Andrés, do concello da Coruña, para impartir as ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de formación profesional de Xestión Administrativa.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por Resolución do 16 de xullo de 2014, iniciou o expediente de revogación da autorización do devandito centro docente por incumprimento das normas de réxime académico, de conformidade co establecido nos artigos 18 e 20 do Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Polo que antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Revogar a autorización do centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Andrés.

Código do centro: 15004541.

Domicilio: San Andrés, 51-1º.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Ana María Cabo López.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas (ciclo formativo de grao medio de Xestión Administrativa).

Segundo. A extinción da autorización dará lugar a correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. A titularidade do CPR San Andrés entregará no centro público ao que está adscrito, o Instituto de Educación Secundaria Fernando Wirtz Suárez da Coruña, os documentos do proceso de avaliación das ensinanzas de formación profesional referidos no artigo 51 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, así como os títulos académicos que obren no seu poder.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da jurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria