Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación cunícula en Rabal.

Jaime Vázquez Álvarez solitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación da actividade de explotación cunícula situada en Rabal (Trasmiras). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trasmiras, 5 de decembro de 2014

Emilio Pazos Ojea
Alcalde