Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 31 de decembro de 2014 Páx. 55964

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na corrección de estilo, revisión ortotipográfica, deseño, maquetación e impresión da obra A ponte maior de Ourense. El puente romano-medieval, la razón de ser de una ciudad.

No perfil do contratante, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo consistente na corrección de estilo, revisión ortotipográfica, deseño, maquetación e impresión da obra: A ponte maior de Ourense. El puente romano-medieval, la razón de ser de una ciudad cun tipo de licitación
de 27.400,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata
as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 e
fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 12 de decembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provinvial de Ourense