María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 570/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Buján Fernández contra a empresa Hermanos Seoane, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:
«Que estimando integramente as demandas interpostas por instancia de Manuel Buján Fernández, asistido polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e Fogasa:
– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.
– Debo declarar e declaro nulo o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 31.8.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.
– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 9.978,29 euros en concepto de salarios debidos na data da demanda, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade.
– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 36.935,68 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.
– Condeno a empresa demandada a que aboe ao traballador os salarios de tramitación dende a data do despedimento (31.8.2014) ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe (3.12.2014) a razón de 52,69 €/día, o que dá a cantidade de 5.005,55 euros.
– Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan na suma de 600 euros.
– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.
Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».
E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014
A secretaria xudicial