Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (479/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 479/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Passaretti Costoya contra a empresa Hermanos Seoane, S.L., sobre ordinario, se ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que considerando integramente as demandas interpostas por instancia de Ángel Passaretti Costoya, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro nulo o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 31.8.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 9.440,78 euros en concepto de salarios debidos na data da demanda, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 34.716,88 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demandada a que aboe ao traballador os salarios de tramitación dende a data do despedimento (31.8.2014) ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe (3.12.2014) a razón de 47,01 €/día, o que dá a cantidade de 329,07 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados dende o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

A secretaria xudicial