Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (575/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 575/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel García Asorey contra Hermanos Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución que expresa:

«Que estimando a demanda interposta por instancia de José Manuel García Asorey contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que aboe ao traballador a suma de 7.506,88 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 37.016,70 en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados dende o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

A secretaria xudicial