Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53726

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1050/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1050/2013, por instancia de Lorena Ares Salgado contra Mantenimientos Electrograsas, S.L. e Mecánica y Engrase Automático, S.L. sobre cantidade, nos cales con data do 19 de setembro de 2014 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo

Que estimando a demanda interposta pola demandante contra as empresas Mantenimientos Electrograsas, S.L. e Mecánica y Engrase Automático, S.L., debo condenar e condeno solidariamente a estas mercantís a que aboen á demandante a cantidade de 2.616,81 euros en concepto de salarios debidos, máis o dez por cento de xuros de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Mantenimientos Electrograsas, S.L. e Mecánica y Engrase Automático, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 9 de decembro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial