Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (313/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 313/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Collazo Abuín contra Servanza, S.L, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución: (sentenza).

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Teresa Collazo Abuín contra Servanza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e debo condenar e condeno a Servanza, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, que consistirá en novo chamamento ao traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir dende a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 34,78 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 6.451,69 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados dende o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

A secretaria xudicial