Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (647/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 647/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Silva Vázquez contra Andaina Servicios Sociales, S.L., foi ditada a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Considerando integramente a demanda interposta por María Ángeles Silva Vázquez, contra Andaina Servicios Sociais, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a suma de dous mil seiscentos trece euros con setenta e oito céntimos (2.613,78 €) polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servicios Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial