Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (673/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 673/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Valeri Martínez Folgueira contra Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución (sentenza):

Que estimando integramente a demanda interposta por María Valerí Martínez Folgueira contra Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a suma de cinco mil trescentos noventa e dous euros con cincuenta e oito céntimos (5.392,58 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado dende o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial