Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (252/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 252/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Manuel Orellán Mariño contra o empresario Bernardo Ferreiro Ferreiro, sobre resolución de contrato-despedimento, se ditou decreto co número 773/2014, con data do 19 de novembro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia provisional total do executado Bernardo Ferreiro Ferreiro (NIF 44806250 L) pola suma de 5.063,33 euros (2.873,76 € indemnización + 659,64 € salarios xullo 2013 e IT a cargo da empresa ata o 5 de agosto
de 2013 + 1.529,93 € da paga extra xullo de 2013 e liquidación paga extra decembro 2013) en concepto de principal, máis outros 506,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da LXS.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial