Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1261/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1261/2013 por instancia de José Antonio Parafita Bardanca contra Servicios Viales y Mobiliarios, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos que no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Parafita Bardanca, contra a entidade Servicios Viales y Mobiliarios, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno Servicios Viales y Mobiliarios, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.196,42 € brutos, polos salarios percibidos en agosto e setembro de 2013, parte proporcional de paga extra de nadal e a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais e a cantidade de 361,39 € como indemnización por finalización de contrato.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Servicios Viales y Mobiliarios, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial