Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (545/2013).

Seguridade Social 0000545/2013-F

Procedemento orixe: sobre seguridade social

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: María Julia Garea Cao

Demandados: Podio de Vendas 2006, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento seguridade social 0000545/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Podio de Vendas 2006, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 00589/2014.

Nº de autos: 0000545/2013.

Na cidade da Coruña o cinco de decembro de dous mil catorce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante, Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, que comparece representada pola letrada Alicia Llan Llodos e doutra, como demandado, Podio de Vendas 2006, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Instituto Nacional da Seguridade Social, que comparece representado pola letrada Natalia Suárez Herva.

Decido:

Que estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o demandado Podio de Vendas 2006, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa ao aboamento dos gastos de asistencia sanitaria e prestacións económicas anticipados pola mutua demandante á beneficiaria referenciada; en consecuencia, condeno a empresa demandada a reintegrar á mutua demandante 3.468,70 €. Tense por desistida a parte demandante respecto do INSS.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Podio de Vendas 2006, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial