Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53091

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (477/2012).

Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de PrimeIra Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A. fronte a David Fernández Miramontes, Juan Carlos Fernández Suárez, María del Carmen Miramontes Maceiras, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 79/2014

Betanzos, 15 de xullo de 2014

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, viu os autos de xuízo ordinario con número 477/2012, tramitados neste xulgado por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., entidade representada polo procurador dos tribunais Sr. García Brandariz, e asistida polo letrado Sr. Baltar Pombo, contra David Fernández Miramontes, Juan Carlos Fernández Suárez e María del Carmen Miramontes Maceiras, sobre contrato de préstamo de financiamento de bens mobles.

Resolución

Estimo parcialmente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Sr. García Brandariz, en nome e representación de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., contra David Fernández Miramontes, Juan Carlos Fernández Suárez e María del Carmen Miramontes Maceiras, e condeno os demandados a aboar solidariamente á entidade demandante a cantidade de 9.824,52 euros, máis os xuros legais percibidos deSde a data de interposición da demanda, que se incrementarán en dous puntos dende a data desta sentenza ata o seu pagamento.

Non se fai condena en custas. Cada unha das partes deberá satisfacer as custas xeradas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días dende a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións e depósitos do xulgado, de acordo co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio deste xulgado e do seu partido.

E encontrándose os devanditos demandados David Fernández Miramontes, Juan Carlos Fernández Suárez, María del Carmen Miramontes Maceiras, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Betanzos, 24 de outubro de 2014

A secretaria xudicial