Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53089

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2292/2013).

Tipo e nº de recurso:recurso suplicación 2292/2013

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 697/2012 Xulgado do Social n.º 1 de Ourense

Edicto

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección n.º 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2292/2013 desta Sección, seguido por instancia de Complejo Condado, S.L. contra Subdelegación do Goberno de Ourense, Cristina Birloaga, Adamache Cerasela Vasilica Vasile, Walberys Araisis Vargas Pérez sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Complejo Condado, S.L. contra a sentenza do 11 de xaneiro de 2013 ditada polo Xulgado do Social n.º 1 de Ourense en proceso seguido por demanda de oficio, por instancia da Subdelegación do Goberno en Ourense, representada polo avogado do Estado, debemos confirmar e confirmamos a sentenza obxecto de recurso. Procede impoñer as custas do recurso á empresa vencida, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante por importe de 200 euros.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co n.º 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao n.º do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Walberys Araisis Vargas Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2014

A secretaria xudicial