Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-212/14 e OU-E-222/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a resolución do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de Recadación de Multas e Sancións en Abanca Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta Xefatura Territorial, sita na avenida da Habana nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de decembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-212/14.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.

Número de expediente: OU-E-222/14.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 480 €.