Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-292/14 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase as persoas que se relacionan no anexo que se achega, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC e a disposición transitoria 1ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

No suposto de non efectuarse alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 9 de decembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-292/14.

CIF: B-32336000.

Denunciado: Medusa Ibérica Brokers, S.L.

Enderezo: praza das Mercedes, nº 14, soto, Ourense.

Establecemento: Underground, praza das Mercedes, nº 14, soto, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Número de expediente: OU-E-298/14.

CIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Número de expediente: OU-E-299/14.

CIF: 44480440-G

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.