Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

CÉDULA do 11 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se lle notifican a un aspirante os acordos do tribunal adoptados na sesión do día 17 de novembro.

Con data do 10 de novembro de 2014, o aspirante Manuel Aurelio Colmenero Guzmán, consonte o punto II.1.2.7 da Orde de convocatoria, presentou un escrito de reclamación nos dez días hábiles posteriores ao da publicación da Resolución do 22 de outubro de 2014 deste tribunal na cal se acorda publicar as puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo.

En resposta á devandita reclamación, este tribunal remitiu ao interesado, o día 18 de novembro de 2014, un escrito que recollía os acordos adoptados polo tribunal na sesión do día 17 de novembro. Este escrito foi enviado por correo certificado con xustificante de recepción.

Ao non poderse realizar a notificación persoal destes acordos ao opositor Manuel Aurelio Colmenero Guzmán mediante o dito escrito, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado os devanditos acordos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do escrito que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Dirección Xeral da Función Pública, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Pontevedra, 19 de decembro de 2014

José Manuel González González
Presidente do tribunal