Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación do recurso RA/CON/2013/00024.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Excavaciones Migasa, S.L., co último domicilio coñecido en Vía de la Cierva, 1, polígono do Tambre, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), a solicitude de acreditación da representación do recurso interposto, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este non cumpre un requisito esencial esixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, como é que para recursos deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoa á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas–Secretaría Xeral Técnica–Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela.

Por todo o exposto, e co fin de lle dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá proceder á emenda da falta mencionada no prazo de dez días, contados a partir da recepción desta comunicación, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbrase que, de non proceder á corrección dos defectos antes mencionados, esta administración procederá a dar cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, inadmitindo o recurso interposto.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas