Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 53112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto con pluralidade de criterios para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización dun informe técnico para a utilización do sistema de custos simplificados na execución dos programas operativos Feder, FSE e Emprego Xuvenil en Galicia no período 2014-2020, cofinanciada nunha terceira parte co P.O. Feder de Galicia 2007-2013, tema prioritario 7.85 e en dous terzos co P.O. FSE Galicia 2007-2013, tema prioritario 5.85.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA28/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consiste na realización dun informe técnico para a utilización do sistema de custos simplificados na execución dos programas operativos Feder, FSE e Emprego Xuvenil en Galicia no período 2014-2020.

c) CPV: 79412000-5.

d) Prazo de vixencia: o contrato terá un prazo de vixencia de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da sinatura do documento en que se formalice.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta técnica (non avaliable mediante aplicación de fórmulas): 60 puntos.

• Enfoque metodolóxico: 45 puntos.

• Control e seguimento do desenvolvemento dos traballos: 15 puntos.

– Oferta económica (avaliable mediante aplicación de fórmulas): 40 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento tres mil euros (103.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e un mil seiscentos trinta euros (21.630,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21798

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras F e G da folla de especificacións.

b) Concreción das condicións de solvencia. Adscrición de medios: segundo o establecido na letra H da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21798

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2014

P.D. (Orde do 9 de xaneiro de 2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda