Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2014 de notificación do acordo de incoación do expediente de extinción dun título concesional no río Mero e nos regatos Rochino e Filgueira, concello de Cesuras, e anuncio de sometemento a información pública (clave 11/122/1/3).

O 15 de novembro de 1958 a Dirección Xeral de Obras Hidráulicas ditou resolución pola que se lle outorga a Jesús Manteiga Manteiga o aproveitamento dun caudal de 500 l/s (400 l/s do río Mero, 30 l/s do regato Rochino e 70 l/s do regato Filgueira), con destino á produción de forza motriz para o accionamento dun muíño fariñeiro e enerxía eléctrica para uso público, no concello de Cesuras, A Coruña.

O director de Augas de Galicia ditou con data do 7 de novembro de 2014 acordo de incoación do expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional existente no río Mero e nos regatos Rochino e Filgueira, pola falta de explotación do aproveitamento durante tres anos consecutivos, por causas imputables ao titular concesional.

Por medio da presente cédula, e segundo o disposto nos artigos 58.1 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Jesús Manteiga Manteiga o referido acordo polo que se acorda a extinción do título concesional existente no río Mero e nos regatos Rochino e Filgueira, transcribíndose a continuación a súa parte dispositiva:

Primeiro. Iniciar o expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional outorgado a Jesús Manteiga Manteiga po la Resolución do 15 de novembro de 1958 no río Mero, no regato Rochino e no regato Filgueira, no concello de Cesuras (A Coruña), con base na interrupción permanente da explotación durante tres anos consecutivos, por causas imputables ao titular.

Segundo. Dispor a notificación do contido deste acordo ao concesionario, co fin de que no prazo de dez (10) días poida formular as alegacións e presentar os documentos que na súa defensa considere oportunos.

Así mesmo, en virtude do principio de celeridade, procédese no mesmo acto a someter o dito expediente a información pública, de conformidade para os efectos previstos nos artigos 163.3 e 165 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado por Real decreto 846/1986, do 11 de abril, durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, durante o cal poderá comparecer por escrito ante Augas de Galicia, nas oficinas sitas na rúa Tomiño nº 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, calquera persoa, incluído o titular do dereito, que poida resultar afectada pola extinción do mesmo, manifestando cuanto considere conveniente.

Clave e denominación do aproveitamento: 11/122/1/3, aproveitamento hidroeléctrico no río Mero e nos regatos Rochino e Filgueira

Titular do aproveitamento: Jesús Manteiga Manteiga.

Caudal máximo de auga concedido: 500 l/s (400 l/s do río Mero, 30 l/s do regato Rochino e 70 l/s do regato Filgueira).

Corrente de onde se derivan as augas: río Mero, regato Rochino e regato Filgueira.

Termo municipal onde radican as obras: Cesuras (A Coruña).

Causa de extinción: caducidade, pola interrupción permanente da explotación, por causas imputables ao titular concesional.

Servidumes: descoñecidas.

Iniciación: de oficio.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia