Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de decembro de 2014 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción urbanística COR/10/2013-SA1, devolto polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 12 de novembro de 2014, acordou incoar expediente sancionador por infracción urbanística COR/10/2013-SA1, pola realización de obras consistentes en edificacións e construcións, no lugar de Figueiroa, parroquia da Pedra, no termo municipal de Cariño, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Manuel Rubido Piñón, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo de incoación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística