Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014 pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas no procedemento aberto, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea (contratación documentalmente simplificada), anunciado mediante Resolución do 19 de novembro de 2014.

En relación co procedemento aberto, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea (contratación documentalmente simplificada), publicado no Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro de 2014 (DOG nº 236), resólvese a ampliación do prazo de presentación de ofertas ata o día 12 de xaneiro de 2015, ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais