Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52485

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (121/2014-M).

José Luís Rodríguez Jácome, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño, polo presente anuncio:

No xuízo verbal 121/2014-M, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Edificio Europa, sito na rúa Cánovas del Castillo, nº 24, do Carballiño, fronte a herdanza xacente de Ángel Dacasa Belenda e Dolores Diz Cota, ditouse sentenza o 25 de novembro de 2014, cuxo texto íntegro se atopa á disposición das partes interesadas nesta secretaría.

A dita sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días hábiles, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre, ante a Audiencia Provincial de Ourense, na forma que sinala na LAC.

E atopándose a parte demandada, herdanza xacente de Ángel Dacasa Belenda e Dolores Diz Cota, en rebeldía procesual, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma, conforme o sinalado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

O Carballiño, 26 de novembro de 2014

O secretario xudicial