Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1238/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1238/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luís Mejuto López contra Servicios Pesqueros Pujales, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxa resolución é:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luís Mejuto López, contra a entidade Servicios Pesqueros Pujales, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Servicios Pesqueros Pujales, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.815,85 euros brutos, polos salarios devindicados en setembro e outubro, así como a paga extra de xullo de 2013, e a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Pesqueros Pujales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

A secretaria xudicial