Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (277/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 277/2014 deste xulgado do Social, seguidos por instancia de Adrián Torreiro Cea contra a empresa Ricarnet, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto con data do 1 de decembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Adrián Torreiro Cea fronte a Ricarnet, S.L., parte executada, por importe de 10.950,38 euros en concepto de principal, máis 1.749,06 euros en concepto de xuros de demora e máis outros 1.269,94 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, por medio de edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0277 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0277 14”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva do decreto.

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Adrián Torreiro Cea e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0277 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0277 14”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ricarnet, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

A secretaria xudicial