Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52484

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (516/2012).

Julio Manuel González Muñoz, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 516/2012, seguido por instancia de María del Carmen Vázquez Rodríguez fronte a José Ramón Padín Rodríguez, ditouse sentenza o 10 de xuño de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza 43/2014

Xuíz que a dita: Jorge Hernández García

Lugar: Cambados

Data: dez de xuño de dous mil catorce

Demandante: María del Carmen Vázquez Rodríguez

Avogada: Susana Vázquez Villanueva

Procuradora: Patricia Conde Abuín

Demandado: José Ramón Padín Rodríguez, en situación de rebeldía procesual

Procedemento: procedemento ordinario 516/2012

Obxecto: reclamación de cantidade e de cantidades análogas derivadas dun arrendamento para uso distinto de vivenda».

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Patricia Conde Abuín, en nome e representación de María del Carmen Vázquez Rodríguez, e debo condenar e condeno a José Ramón Padín Rodríguez a pagar a cantidade de 7.256,24 euros, que devindicará os xuros legais desde a reclamación xudicial.

Debo condenar e condeno a José Ramón Padín Rodríguez ao pagamentoo das custas procesuais».

E atopándose o devandito demandado, José Ramón Padín Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 26 de novembro de 2014

O secretario xudicial