Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52482

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (914/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este notifícase a Ramos y Novoa Internacional, S.L. e José Ángel Ramos Novoa a sentenza do 21 de novembro de 2014 ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 198/14.

Vigo, 21 de novembro de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 914/2013 se seguen por instancia de Volkswagen Finance, S.A., EFC, representada pola procuradora Marta Suárez Hermo e dirixida polo letrado Francisco José Pérez Ares, contra Ramos & Novoa Internacional, S.L. e José Ángel Ramos Novoa, declarados en situación de rebeldía procesual, que teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de financiamento dunha compravenda de bens mobles a prazos.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta por Volkswagen Finance, S.A., EFC, contra Ramos & Novoa Internacional, S.L. e José Ángel Ramos Novoa, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Ramos & Novoa Internacional, S.L. e a José Ángel Ramos Novoa a aboarlle á entidade demandante, con carácter solidario, a cantidade de 48.529,79 euros, correspondentes aos aprazamentos vencidos e á cantidade aprazada pendente de vencemento que lle deben. A devandita cantidade reportará, en concepto de indemnización pola demora, e ata o seu efectivo pagamento, uns xuros do 2 % mensual, contado desde a data da reclamación xudicial.

2º. Condeno a Ramos & Novoa Internacional, S.L. e a José Ángel Ramos Novoa a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma ás demandadas rebeldes José Ángel Ramos Novoa e a Ramos & Novoa Internacional, S.L., expídese o presente.

Vigo, 21 de novembro de 2014

O secretario xudicial