Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2014/22-2, 8158 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Denominación: anexo nº 1 ao modificado nº 1 do proxecto LMT saída subestación O Corgo-Castroverde.

Situación: concello de Castroverde.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada subestación O Corgo-Castroverde, tramo III, con orixe nun paso aéreo a soterrado no apoio proxectado nº 51 tipo C-16/7000 da LMTA subestación O Corgo-Castroverde (expediente 008/2009 AT) e final nun paso aéreo a soterrado no apoio proxectado nº 0 tipo HVH-15/1600 da LMTA CRG-805. Tramo de LMT derivada ao CT Barreiros, cunha lonxitude de 889 metros en condutor RHZ1-20 kV 3×(1×240) mm2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de decembro de 2014

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial