Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Vicedo (expediente IN407A 2014/23-2, 8159 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono As Gándaras-Parcela U2-rúa A, 27003 Lugo.

Denominación: reforma e adecuación de instalación para conexión do parque eólico Faro.

Situación: concello do Vicedo.

Características técnicas:

1. Desmontaxe do actual CS Folgueiro (2467) e reutilización dunha cela de interruptor automático, a cal se instala no novo centro de repartición Folgueiro (expediente 004/2013 AT).

2. Liña de media tensión entrada LMT Covas ao novo centro de repartición Folqueiro a 20 kV, con orixe no apoio existente situado ao carón do centro de repartición e final nunha cela situada no interior do centro de repartición, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-240.

3. Liña de media tensión saida LMT Covas do novo centro de repartición Folqueiro con dirección ao Vicedo/Vilasuso a 20 kV, con orixe nunha cela situada no interior do centro de repartición e final no apoio existente situado ao carón do centro de repartición, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-240.

4. Liña de media tensión saída do novo centro de repartición Folqueiro con dirección ao CTI N. Folgueiro (CD 1499) CTI Xurbal, con orixe nunha cela situada no interior do centro de repartición e final nunha arqueta na cal se realiza un empalme coa LMT existente con dirección ao CTI N. Folgueiro, cunha lonxitude de 24 metros en condutor RHZ1-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de decembro de 2014

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial