Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (976/2013).

Procedemento ordinario 976/2013

Sobre: ordinario

Demandante: Alba María Blanco Carral

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, empresa Miguel Ángel Caramés Balo

María Jesús Hernando Areas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 976/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Blanco Carral contra a empresa Miguel Ángel Caramés Balo, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante contra a empresa Miguel Ángel Caramés Balo, debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao traballador a cantidade de 1.940,79 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % en concepto de xuros por mora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Miguel Ángel Caramés Balo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial