Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (589/2013).

María Jesús Hernando Areas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 589/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Lorenzo Varela contra Transportes Venancio Núñez, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a mercantil Transportes Venancio Núñez, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que aboe ao traballador a cantidade de 3.672,83 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino».

• E para que sirva de notificación en legal forma Transportes Venancio Núñez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial