Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (428/2013).

Procedemento ordinario 428/2013

Sobre: ordinario

Demandantes: Paloma Martínez Fernández, Diana Tapia Ponte

Demandado: Código Denim, S.L., Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña , fago saber:

Que no procedemento ordinario 428/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paloma Martínez Fernández, Diana Tapia Puente, contra Código Denim, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di

Que estimando a demanda interposta polas demandantes contra a empresa Código Denim, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que aboe a Paloma Martínez Fernández a cantidade de 1.750,82 euros e a Diana Tapia Puente a cantidade de 1.728,86 euros.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así o pronuncio, mando e asino. Asinado. Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Código Denim, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial