Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (736/2013).

Procedemento ordinario 736/2013

Sobre: ordinario

Demandante: María Nieves Montero Gómez

Demandados: Automatismo y Reparaciones Elca, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Juan José González García

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 736/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nieves Montero Gómez contra Automatismo y Reparaciones Elca, S.L., Juan José González García, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta pola demandante contra a empresa Juan José González García, debo condenar e condeno esta mercantil a que lle aboen á demandante a cantidade de 8.025 euros en concepto de salarios debidos máis o dez por cento de xuro de mora. Con respecto á codemandada Automatismos y Reparaciones Elca, S.L., absólvese dos pedimentos realizados na súa contra. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás empresas Automatismo y Reparaciones Elca, S.L. e Juan José González García, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial