Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Folgoso do Courel (expediente IN407A 2014/47-2, 8183 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Retegal, S.A.

Domicilio social: avenida Fernando Casas Novoa, 35 B, 3º C, Santiago de Compostela.

Denominación: instalación eléctrica para edificación destinada a servizos de telecomunicacións.

Situación: concello de Folgoso do Courel.

Características técnicas:

• Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio de celosía existente correspondente á LMTA SEQ-805-O Courel 5 e final no centro de transformación intemperie proxectado, cunha lonxitude de 40 metros en condutor tipo LA-56.

• Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Liña de baixa tensión subterránea con orixe no CTI, pasa pola caixa de protección e medida e remata nun paso subterráneo a aéreo, cunha lonxitude de 23 metros en condutor tipo XZ1-4X95AI.

• Liña de baixa tensión aérea, con orixe no paso subterráneo a aéreo e final nun paso aéreo a subterráneo, cunha lonxitude de 600 metros en condutor RZ-95.

• Liña de baixa tensión subterránea, con orixe no paso aéreo a subterránea e final na instalación de telecomunicacións que se vai alimentar, cunha lonxitude de 1.024 metros en condutor tipo XZ1-95AI.

En relación con este proxecto, o 11 de novembro de 2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emite un informe no cal manifesta que non é previsible que o dito proxecto vaia producir efectos significativos sobre o ambiente, nos termos establecidos no dito informe, polo que non se considera necesaria a tramitación prevista na sección 1ª. do capítulo II da Lei de avaliación ambiental.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo