Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización duna instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS avenida Florida, 88.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 70 metros de lonxitude, con orixe e final na liña BAL704, entre a subestación Balaídos e o CT 36CDH2, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado na avenida A Florida 88, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de decembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra