Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/136-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (Boletín Oficial del Estado núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (Boletín Oficial del Estado núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A2014/136-1.

Solicitante: Central Eléctrica Industrial, S.L.U.

Domicilio social: Cernadas, Portomouro, 15871 Val do Dubra.

Denominación: punto fronteira Unión Fenosa con centro seccionamento O Souto Fernande.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas:

– 11 metros de liña de media tensión aérea de 20 kV en condutor LA-56, con orixe en apoio existente HV-1500/12 da liña SNT821 e final en apoio proxectado.

– Apoio HV-1000/R11 con paso aéreo subterráneo.

– 17 metros de liña de media tensión subterránea de 20 kV en condutor RHZ1-2OL-12/20kV-3×150Al KAL+H16, con orixe en paso aéreo subterráneo (proxectado) e fin no centro de seccionamento (existente que se vai instalar nunha nova localización).

– Traslado de centro de seccionamento existente (expediente IN407A 09/510) que se vai instalar nunha nova localización.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte (20) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente: IN407A 2014/136-1.

Proxecto: punto fronteira Unión Fenosa centro seccionamento O Souto Fernande.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio nº

Datos catastrais

Cultivo/uso

Clase de solo

Nome propietario

Servidume de paso

1

Polígono 505 Parcela 99

Agrario

Rústico

José Gesto Noya

Centro seccionamento: 59 m2

Liñas aéreas: 58 m2

Liñas subterráneas: 7 m2

1. A servidume de paso referente ao centro de seccionamento, comprende a ocupacion do solo polo propio edificio, incrementado nas distancias de seguridade que regulamentariamente se establezan.

2. A servidume de paso aéreo comprende ademais do voo sobre o predio servente, o establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentacion de cables condutores de enerxía, todo iso incrementado nas distancias de seguridade que regulamentariamente se establezan.

3. A servidume de paso subterráneo (a franxa de terreo situada entre os dous condutores extremos da instalacion) de enerxía eléctrica comprende a ocupación do subsolo polos cables condutores á profundidade e coas demais caracteristicas que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable.

4. Unha e outra forma de servidume comprenderán igualmente o dereito de paso ou acceso e a ocupación temporal de terreos ou outros bens necesarios para construción, vixilancia, conservación, reparación das correspondentes instalacións, asi como a corta de arboredo, se for necesario.