Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2011/32-2, 7870 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Baralla.

Domicilio social: avenida Evaristo Correa Calderón, 27680 Lugo.

Denominación: soterramento de liña de distribución eléctrica a residencia da terceira idade.

Situación: concello de Baralla.

Características técnicas:

• LMTA a 20 kV con orixe nun apoio da LMT que alimenta o CT Ferreiros (27 A 981) e final nun apoio no cal se instala un paso aéreo a subterráneo, cunha lonxitude de 40 m en condutor LA-56.

• LMTS a 20 kV con orixe nun paso aéreo a subterráneo e final nun CT que se instalará na residencia da terceira idade, cunha lonxitude de 465 metros en condutor RHZ-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e en relación coa aplicación desas normas, neste caso cómpre ter en conta a disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Por razón do que antecede, e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 25 de febreiro de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas