Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (977/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 977/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Blanco Carral contra a empresa Miguel Ángel Caramés Balo, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto e condeno o demandado Miguel Ángel Caramés Balo a que aboe á demandante a cantidade de 2.105,40 euros en concepto de indemnización ou, no caso de optar pola readmisión da demandante, ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data de despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 38,28 euros diarios. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Miguel Ángel Caramés Balo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial