Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 28 de novembro de 2014 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 4305/2014 contra a Resolución do 20 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, e o Decreto 81/2005, do 14 de abril, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 2ª do Contencioso-Administrativo, en relación co procedemento ordinario 4305/2014, interposto por Capelu Audivisuais, S.L. contra a Resolución do 20 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo polo que se aproban as bases e se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local, e o Decreto 81/2005, do 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital na Comunidade Autónoma de Galicia, ordenouse a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Silvia Rueda Ibáñez, en nome e representación de Vigo RTV Digital, S.L.U., para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios