Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 27 de novembro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-04842-O-2014 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito, ante o Servizo de Mobilidade, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 27 de novembro de 2014

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-04842-O-2014

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela

A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

2.4.2014; 12.10; AP9; 79,5

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-04897-O-2014

5046-GCC

Garda Civil 1500 C35644I

Excavaciones Francisco Suárez, S.L.

B15812084

A Fonteseca-Golmar

15145 A Laracha, A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

9.7.2014; 9.00; AC552; 0,0

Art. 140.18 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-04908-O-2014

6236-DHT

Garda Civil 1500 A34436J

Rela 2003 Sdad. Patrimonial

B15901713

A Portela, 4

15173 Oleiros, A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

10.7.2014; 9.18; AC552; 2,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-04947-O-2014

C-1989-BT

Garda Civil 1504 A35144Y

Luis Lorenzo Cedeira

32751245G

San Diego, 38-5º C

15006 A Coruña

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como porteador ou a facturación no propio nome de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a sua obtención e que esta se solicitara dentro dos quince (15) días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

11.7.2014; 8.24; N550; 45,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-05036-O-2014

8187-GCZ

Garda Civil 1503 N41519R

Transportes Rial e Hijos, S.L.

B70178686

Cuvide - Taragoña, 20

15920 Rianxo, A Coruña

A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

1.7.2014; 18.08; N-634; 663,0

Art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-05037-O-2014

8187-GCZ

Garda Civil 1503 N41519R

Transportes Rial e Hijos, S.L.

B70178686

Cuvide - Taragoña, 20

15920 Rianxo, A Coruña

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 12 horas ata 14 horas.

1.7.2014; 18.33; N-634; 663,0

Art. 140.37.3 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-05096-O-2014

0758-DBL

Garda Civil 1501 H45914F

Cotefablo, S.L.

B50595487

Urb. Torrebarajas, 4

50011 Zaragoza

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta, ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e ao remate da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta do condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

31.7.2014; 17.15; AC552; 16,6

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros